34. Misión 6.5. Brasil no pasado

Bo día, exploradores!

Hoxe, desde as cataratas do Iguazú, adentrámonos no pasado brasileiro. 

TAREFA 1

Por que en Venezuela, Colombia ou Chile fálase castelán, pero en Brasil fálase portugués? 

Comezamos coa historia do Tratado de Tordesillas, que en foi firmado polas dúas principais potencias do mundo: Castilla e Portugal. 


Imaxina como tería sido o mundo se fose (escolle unha)

1) ao revés: que só en Brasil se falase castelán e no resto de Suramérica portugués

2) sen chegar Colón a América e sen descubrir o territorio (linguas que se falarían, culturas que habería...)

O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DO ANO NO QUE SE FIRMOU O DEVANDITO TRATADO DE TORDESILLAS

TAREFA 2

A lingua portuguesa é moi rica en vocabulario e moi semellante ao noso galego. Así pois, a raiz do contacto entre ambas as linguas, hoxe en día temos os lusismos: palabras que proveñen do portugués. Aqui tedes varios exemplos


Inventa unha historia a partir de 5 lusismos, os que ti queiras. 

O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS DECENAS DO TOTAL DE LUSISMOS QUE APARECEN NESA LIGAZÓN. 


TAREFA 3 

Brasil é un dos principais países que ten parte da selva do Amazonas. Nela conviven moitas tribus distintas, que tiveron que se defender das invasións e conquistas por parte dos europeos. No 2020, moitas delas están ameazadas polas motoserras... das empresas que queren deforestas o bosque amazónico. 


(ver só as 5 fotografías primeiras e os seus textos)

Que che parece que hoxe en día se estea empregando o bosque amazónico como un recurso monetario, é dicir, que se estea deforestando para obter madeira e deixar os pastos libres? Que inconvintes pode ter? Para quen? 

O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE LETRAS QUE TEÑEN A PRINCIPAL FAMILIA DAS TRIBUS. 


TAREFA 4

Tradicionalmente, as tribus eran as seguintes, que perduran ata o 2020. 


Fai unha reflexión sobre a aimportancia da cultura dun país. Para que nos serve manter este tipo de tribus? Que beneficios obteñen? 

O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS DECENAS DE MILLAR DO TOTAL DE HABITANTES DA TRIBU GUARANÍ

TAREFA 5

En cambio, a explotación mineira si que foi moi elevada, posto que deste país se extraían unha inxesta cantidade de minerais e metais preciosos como prata e ouro. Ao chegaren os europeos, levaron a cabo grandes traballos para obter a maior cantidade de materia. 

Un barco podía transportar 750kg de ouro e 175kg de prata, así como 250 kg de patacas e tomates. 

Barco A) 50% de ouro e 1/5 de prata

Barco B) 50% de prata e 75% de patacas e tomates

Barco C)10% de ouro, 20% de prata e 90% de patacas e tomates

Barco D) 25% de todo

Calcula cantos Kg leva cada barco

Calcula o total de Kg que levan todos os barcos xuntos

O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE DECENAS QUE TEN A RESPOSTA DO BARCO A)

Isto é todo! A pola última xema!!

Saúdos intertemporais,

O capitán Zukunft


Comentarios

Entradas populares de este blog

Juegos de suma y resta de fracciones

Criterios de divisibilidad

Segunda semana de traballiño... Imos aló!!