Entradas

TAREFAS FINAIS (mércores e xoves)

Imagen
Bo día, exploradores!
Agora que temos as 7 xemas no poder, é preciso facer un repaso e resumo do descuberto :

1) Que sabes de Europa? Fai un resumo
2) Que sabes de África? Fai un esquema
3)Que sabes de Asia? Fai un pasapalabra con 13 letras como mínimo (as que queirades)
4) Que sabes de Oceanía? Fai un resumo
5) Que sabes de América do Norte? Fai un esquema
6) Que sabes de América do Sur? Fai un crucigrama
7) Que sabes da Antártida? Fai un resumo

Cal foi a misión que máis che gustou e por que? Cal foi a que menos? 
Cal foi o país que máis che gustou? 
Cal che gustaría ter sabido máis? 
Que mellorarías das misións intertemporais? 


Saúdos intertemporais,
O capitán Zukunft

XEMA DE CRISTAL!

Bo día, exploradores! 
Esta é a última xema de Clío, así que introducide o código e obteremos as 7 xemas!!
https://eduescaperoom.com/enigma/qx9Tzsr4SUO9
28350

Saúdos intertemporais,
O capitán Zukunft

35. A derradeira misión 7. A Antártida

Imagen
Bos e conxelados días, exploradores!
Chegamos hoxe á Antártida, un lugar sen dúbida inhóspito e cheo de xeo!

TAREFA 1
Para chegar á Antártida, as mellores maneiras son Chile e Arxentina, chegando directamente en barco ata as illas Rey Jorge.
O custo dun barco ata a Antártida pode andar desde os 2100 euros (barco A) ata os 12000 (Barco B) euros. 
1) No primeiro barco A van 18 turistas. A metade colleu unha oferta do 50%. Cantos cartos recibe a empresa? 
2) No segundo barco B van 8 turistas, dos cales 3/4 pagan todo mentres que o resto  pagou a metade. Canto recibiu?
O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE DECENAS DA RESPOSTA 1
TAREFA 2

Sabedes cal é o deserto máis grande do mundo? O Sahara, o de Atacama, o do Gobi... ou hai algún máis grande? 
Que é un deserto?
Fai unha listaxe dos 5 desertos máis grandes do mundo e pon os km cadrados, o país, as especies de seres vivos. 
https://es.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%A1rtida
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DE MILLÓN DOS KM CADRADOS DA ANTÁRTIDA

TAREFA 3 
Os …

XEMA DA ESENCIA!

Imagen
Desde as profundizdades da selva amazónica, atopamos unha das últimas xemas: a da esencia. Este é o último paso para poder marchar á última aventura: a Antártida.
https://eduescaperoom.com/enigma/rgfDMkVqpeQ3

Saúdos intertemporais,
O capitan Zukunft

34. Misión 6.5. Brasil no pasado

Bo día, exploradores!
Hoxe, desde as cataratas do Iguazú, adentrámonos no pasado brasileiro. 
TAREFA 1
Por que en Venezuela, Colombia ou Chile fálase castelán, pero en Brasil fálase portugués? 
Comezamos coa historia do Tratado de Tordesillas, que en foi firmado polas dúas principais potencias do mundo: Castilla e Portugal. 
https://www.rtve.es/alacarta/videos/isabel/isabel-tratado-tordesillas-1494/2638306/
Imaxina como tería sido o mundo se fose (escolle unha)
1) ao revés: que só en Brasil se falase castelán e no resto de Suramérica portugués
2) sen chegar Colón a América e sen descubrir o territorio (linguas que se falarían, culturas que habería...)
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DO ANO NO QUE SE FIRMOU O DEVANDITO TRATADO DE TORDESILLAS
TAREFA 2
A lingua portuguesa é moi rica en vocabulario e moi semellante ao noso galego. Así pois, a raiz do contacto entre ambas as linguas, hoxe en día temos os lusismos: palabras que proveñen do portugués. Aqui tedes varios exemplos
https://www.ejemplo…

TAREFAS POLA TARDE

Bo día:Hoxe recibiredes as tarefas pola tarde. Mentres tanto, podedes facer un repaso das entradas que levamos feitas ata agora.
Saúdos, Sergio

33. Misión 6.4. Brasil na actualidade

Imagen
Bo día, exploradores!
Como estades? Desde Lima, a capital do Perú, marchamos a Brasil!! Aquí continuamoso sa ruta por Suramérica.
TAREFA 1


O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS DECENAS DO NÚMERO DE ESTRELAS QUE TEN A BANDEIRA BRASILEIRA

TAREFA 2
Brasil é un país marabilloso en moitos sentidos: as cataratas do Iguazú.
https://descubrirturismo.com/siete-curiosidades-las-cataratas-quiza-no-sabias/#:~:text=Su%20caudal%20de%20agua%20promedio,resultado%20de%20una%20erupci%C3%B3n%20volc%C3%A1nica.
Teñen un ancho de 2.7 km, o cal fai que sexan das máis estensas do mundo xunto coas do Niágara. A maiores, son a fronteira natural entre Arxentina e Brasil. 
1) Pasa 2.7 km a hm, dam, m, dm, cm e mm
2) O 80% pertence a Arxentina. Cantos metros pertence a Arxentina? E cantos a Brasil?
3) Inventa dous problemas nos que haxa operacións combinadas e un mínimo de 3 contas. 
O NÚMERO DESTA TAREFA É O 


TAREFA 3
O fútbol é un dos deportes principais.
É a única selección que participou en todos os mundiais que existiron. A s…