Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 6º CC.NN.

TAREFAS DE SEXTO TEMA 3

Imagen
Bo día! Para o tema 3, teredes que facer un esquema visual dun reino do tema, do que prefirades.  A maiores, un crucigrama sobre o tema.  Finalmente, un experimento no cal empreguedes auga, pementa e xabrón de mans.  1) Bota auga nun prato hondo 2) Bota un pouco de pementa en pó por riba (representa o que sería o virus) 3) Mete un dedo na auga: que acontece? 4) Agora mete o dedo en xabrón e logo na auga: que acontece?  Describe a experiencia e o que descubriches Saúdos, Sergio

TAREFAS SEXTO DE PRIMARIA CIENCIAS DA NATUREZA

Bo día! Despois de traballar co tema 1, agora adentrarémonos no tema 2. Tedes arredor dunha semana, ata o martes 2 de xuño. Posteriormente, repasaremos o 3 e logo o 4. As tarefas son:  -Pasapalabra sobre o tema 2 -Resumo básico sobre o tema 2 - Experimento sobre o tema 2 respecto á enerxía ou ás forzas Isto é todo! Saúdos, Sergio

Traballo de 6º: CC.NN. Tema 1

Bo día! Para estes días, teredes que: -Facer un esquema e resumo do tema 1 -Crear un crucigrama co tema 1 -Crear un pasapalabra co tema 1 -Realizar un experimento no que demostredes o principio da densidade -Realizar 2 fotografías nas que demostredes a diferenza entre mesturas heteroxéneas e homoxéneas. Ánimo! Saúdos, Sergio

Traballo de 6º de EP CC.NN.

Imagen
Bo día: Aquí tedes o voso traballo desta semana. -Páxinas do tema 62, 63 e 64: exercicios 1 ao 6 -Páxinas 64 ao 68: exercicios 7 ao 12 Calquera dúbida, ao correo tutoriasergiosm@gmail.com Grazas! Saúdos, Sergio