Bo día, rapazada!! Hoxe vos traio un experimento científico para facer na casa. Non ten problema de realización nin manipulación de tóxicos nin outros produtos nocivos para a vosa saúde!! O único que necesitaredes será: -2 rebanadas de pan de molde -2 bolsas de plástico transparentes estilo conxelación, con peche Todo parte da seguinte idea: as vosas familias, os profes, os médicos, a xente en xeral... sempre vos dicimos que hai que lavar as mans antes de comer porque teñen bacterias, non si? Algúns de vós aínda así, bueno, pois non nos credes porque claro, non se ven... PERO COMPROBAREMOS REALMENTE O QUE PASA! En primeiro lugar, aquí tedes os pasos do método cientifico Así pois, teredes tres mostras de pan. Seguide os seguintes pasos 1) Lava as mans ben, colle unha rebanada de pan e métea nunha bolsa 2) Pasa as túas mans polo chan, por algunha zona menos limpa polo xeral, como pode chegar a ser un patio ou balcón, e colle unha rebanada de pan, poñendo a palma sobre c...