Algunha vez experimentaches una sensación estraña ao sacar unha foto con flash, estar disposto a ver o guapos ou guapas que saídes nela e… ¡ZAS! Ollos vermellos! Extraída de Ciencia Today Se cando vedes a foto estades xa pensando en usar unha aplicación do móbil para retocar, agardade un intre e pensade que a ciencia para todo (ou case todo) ten unha resposta. Como sabedes, a nosa pupila (o circuliño negro situado no centro do noso ollo) cambia de tamaño en función da luz do exterior : polo día, adoita a estar moi pequeniña para deixar que entren os raios de luz necesarios; pola noite, tende a estar máis dilatada para captar a maior cantidade de raios de luz. Pois ben, ese “vermello” que vedes, case sempre despois dunha foto a escuras e con flash , é a luz reflexada nos nosos vasos sanguíneos. COMO? Si, o vermello provén dos diferentes vasos sanguíneos que temos no fondo do ollo. Cando estamos a escuras, a nosa pupila atópase dilatada. Ás veces, ao r...