Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como

27. Misión 5.2. USA no século XVIII

Imagen
Bo día exploradores! Desde o parque de Yosemite, adentrámonos no pasado e viaxamos ao século XVIII. Neste momento, América do Norte está baixo o control de distintas nacións europeas: británicos, holandeses, franceses...  TAREFA 1 No mapa do territorio de América do Norte desa época, vemos os distintos territorios e a súa repartición.  Sobre todo os británicos, conseguiron o domino de prácticamente toda a zona.   Das colonias que tenían, explotaban as minas para obter tanto os metais preciosos como produtos como a pataca, millo ou o tomate. Semanalmente, chegaban ao porto da costa este (actual Nova York, Boston....) 6 barcos que tiñan capacidade para transportar: 150 persoas, 300 kg de metais preciosos e 200 kg de comida.  a) Cantos pasaxeiros chegaban á semana? E nun mes de 4 semanas? b) Se cada barco vai á metade da súa capacidade, cantas persoas, kg de metais preciosos e de comida chegarán de volta a Inglaterra?  c) Noutro mes, prepáranse 6 barcos para...

TAREFAS SEXTO DE PRIMARIA CIENCIAS DA NATUREZA

Bo día! Despois de traballar co tema 1, agora adentrarémonos no tema 2. Tedes arredor dunha semana, ata o martes 2 de xuño. Posteriormente, repasaremos o 3 e logo o 4. As tarefas son:  -Pasapalabra sobre o tema 2 -Resumo básico sobre o tema 2 - Experimento sobre o tema 2 respecto á enerxía ou ás forzas Isto é todo! Saúdos, Sergio

INFORMACIÓN IMPORTANTE: UBICACIÓN DOS BLOGUES

Imagen
Boa tarde a todos! Como ides? Coido que ben, como vos merecedes! Fago esta entrada coa fin de informarvos respecto á actual situación dos blogues, posto que quero resaltar o emprego de cada un deles. Actualmente, tedes acceso aos blogues da biblioteca e de 5º e 6º nas lapelas que se atopan la parte superior do blogue. Dende alí, directamente accederedes á información do colexio a maiores do traballo diario. A información do que aparece nese blog é replicada neste. Traballo de 5º de EP O traballo principal súbese a este blogue. Na lapela "As 7 xemas de Clío", a partir de agora aparecerán todas as entradas respecto ao que nos queda de curso. Tamén na de "Páxina principal". Todas as tarefas téñense que enviar por correo para comprobar que se fan.  Traballo de 6º de EP Na lapela de "6º CC.NN." están subidas as entradas de traballo. Calquera dúbida, enviádeme un correo electrónico. Moitas grazas! Ánimo, que queda pouco. Saúdos, Serg...

Segunda semana de traballo para 6º de EP

Imagen
Moi boas, rapazada!! Gustaríame saber estades levando todo isto do confinamento, se tedes dúbidas, como empregades o voso tempo... Escribídeme ao mail tutoriasergiosm@gmail.com !! Estamos en contacto!! -         Facer unha presentación resumo de todo o tema, adicando dúas diapositivas a falar de cada un dos cinco puntos que compoñen o tema. Tedes ata o domingo ás 22:00 para enviala ao meu correo. Para facer presentacións, existe o programa Powerpoint que é de pago pero adoita a vir nos portátiles; as presentacións de Google drive ( https://www.google.es/intl/es/slides/about/ ); ou o programa LibreOffice, que é totalmente gratuíto e descargable desde aquí https://es.libreoffice.org/descarga/libreoffice/ Aquí vos deixo un videotutorial de Google Slides: https://www.youtube.com/watch?v=stYFfMXOWSY Aquí un sobre o LibreOffice: https://www.youtube.com/watch?v=gy0GSR81pSg Calquera dúbida, aquí estou para resolvervos o que necesitedes!! ...