TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA
Boa tarde: Como sabedes, Óscar sube recursos e pequenos retos. Aquí tedes a súa proposta. Saúdos, Sergio EDUCACIÓN FÍSICA. OS XOGOS TRADICIONAIS Moi boas a todos e todas, que tal estades? Desta vez, propoño elaborar un pequeno traballo relacionado cos xogos tradicionais. Como ben sabedes, neste curso introducimos unha serie de xogos tradicionais (o pano, os trompos, a comba, a corda, a goma…) para poder xogar nos recreos, pero creo que é interesante coñecer un pouco máis sobre eles. Os xogos tradicionais son aqueles xogos aos que xogaban os nosos antepasados e que se foron transmitindo de xeración en xeración, é decir, transmítense de forma oral a través das familias. As consolas, os ordenadores, os móviles, as tablets… son formas de xogo modernas., de feito, cando os nosos avós e avoas eran pequenos, non existían. De iso non fai tanto tempo… Sabedes coma se divertían cando eran nenos e nenas como vos? Pois a mai...