Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Xeografía

Actividades de repaso sobre costas, macizos, cordilleiras e chairas

Imagen
Moi boas rapaces! Déixovos unha actividade sobre os principais  accidentes xeográficos de Europa. Subireivos algunha máis en relación aos climas de Europa, polo que estade atentos a este post. No mapa conceptual que tedes abaixo veredes que o clima de montaña non ten características... Completádeo ! Vémonos cracks!

Un pouquiño do relevo de Europa!

Imagen
Bo día rapazada! Como estades? Agardo que todo vaia xenial como vos merecedes! Se vos fixáchedes na imaxe do inicio, alguén pode recoñecer a esta rapaza, non si? Efectivamente: Heidi. Esta nena foi parte da infancia de moitos nenos e nenas do mundo e, se hai algo no que nos fixábamos, era nas brancas montañas da súa contorna. Por que esta paisaxe tan marabillosa? En primeiro lugar, Heidi naceu dun libro, escrito en 1880 por unha muller chamada Johanna Spyri; a súa casa, onde escribiu este potentísimo relato, atópase nun conxunto montañoso dos máis famosos do mundo. Sabedes cal é? A ver se con esta imaxe lembrades algo máis. Chocolate...SUIZO! E cales son as montañas máis famosas de Suíza, Francia e Italia? Unha pista máis. Diariamente moitos nenos e nenas de todo o mundo utilizan no cole uns lapis de cores. Aquí os tedes: O seu nome fai referencia a este conxunto montañoso... OS ALPES!  Marabilloso, non si? Son unhas das principais cadeas montañosas ...