25. Misión 4.5. Polinesia Francesa
Bo día exploradores! Hoxe chegamos á Polinesia Francesa, un conxunto de illas que conforman unha das partes máis espectactulares de Oceanía. Sabedes por que? Mirade este vídeo! TAREFA 1 Malpicáns polo mundo! O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE ARQUIPÉLAGOS QUE EXISTEN NA POLINESIA FRANCESA TAREFA 2 A Polinesia Francesa é o un conxunto de illas que conforman unha rexión marabillosa. Son 118 illas, repartidas en 5 grupos de illas. 1) Se puideses ir a todas e percorres 7644 m en cada unha, cantos km percorres en total? 2) Na illa de Bora Bora atopas un home que se ofrece a facer de guía. Percorredes toda a illa e, a maiores dos 7644 m, facedes en coche 12321 dm. Cantos km Fixécehedes? 3) Converte os dous resultados en hm, dam, m, dm, cm e mm O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DO TOTAL DE KM QUE PERCORRES NAS 118 ILLAS TAREFA 3 A Polinesia Francesa é un destino turístico que non é asequible para todos. As complicacións para chegar sumado ao custo da vida en cada illa, fai que sexa u...