TAREFAS DE SEXTO TEMA 3
Bo día!
Para o tema 3, teredes que facer un esquema visual dun reino do tema, do que prefirades.
A maiores, un crucigrama sobre o tema.
Finalmente, un experimento no cal empreguedes auga, pementa e xabrón de mans.
1) Bota auga nun prato hondo
2) Bota un pouco de pementa en pó por riba (representa o que sería o virus)
3) Mete un dedo na auga: que acontece?
4) Agora mete o dedo en xabrón e logo na auga: que acontece?
Describe a experiencia e o que descubriches
Saúdos,
Sergio
Comentarios
Publicar un comentario