11. Misión 2.1. A orixe do ser humano... en África
Bo día, exploradores!
Acabamos de aterrizar en África, concretamente en Etiopía despois dunha longa viaxe.
Aquí comezamos as nosas exploracións en Addis Adeba, capital de Etiopía. Neste terreo, deserto de Danakil (Afar) descubriuse un dos primeiros homínidos hai máis de 3,5... MILLÓNS DE ANOS! Alucinante, non si?
Neste outro vídeo, desenvólvese un pouco máis e explícase moi ben como chegamos a converternos en seres humanos.
Acabamos de aterrizar en África, concretamente en Etiopía despois dunha longa viaxe.
Aquí comezamos as nosas exploracións en Addis Adeba, capital de Etiopía. Neste terreo, deserto de Danakil (Afar) descubriuse un dos primeiros homínidos hai máis de 3,5... MILLÓNS DE ANOS! Alucinante, non si?
Vedes diferenzas coa nosa capital, que é Madrid?
Estades no continente máis pobre do mundo... Moitos dos seus habitantes viven con menos de 1,29 dólares ao día, o que vén sendo 1 euro e 10 céntimos máis ou menos.
TAREFA 1
Para que vos fagades unha idea, a primeira tarefa será atopar 10 produtos que valgan máis ou menos 1,1€ e poñelos en lista. Posteriormente, teredes que facer unha reflexión en Lingua Galega sobre que vos parece que haxa tantas diferenzas entre uns países e outros e por que.
O NÚMERO QUE BUSCADES PARA ESTA TAREFA É A CIFRA DAS UNIDADES DO RESULTADO DA CONTA: 1,1 X 31, QUE É TOTAL DE CARTOS QUE GASTA UNHA PERSOA AO MES NALGÚNS PAÍSES COMA ESTE.
TAREFA 2
Aquí tedes un conxunto das principais causas que explican por que África agora mesmo é o continente máis pobre. Fai un esquema das principais causas da súa pobreza.
O NÚMERO QUE BUSCADES PARA ESTA TAREFA É A CIFRA DAS UNIDADES DO NÚMERO DE CONFLITOS ACTIVOS QUE HAI AGORA MESMO NO CONTINENTE.
TAREFA 3
Se estamos precisamente neste continente, é porque segundo os estudos científicos, a orixe do ser humano atoparíase aquí. Non obstante, sabedes quen foi o principal científico en averiguar que os seres humanos províñamos dos simios? Esta é a teoría da evolución.
Neste outro vídeo, desenvólvese un pouco máis e explícase moi ben como chegamos a converternos en seres humanos.
Así, foi grazas a un equipo de investigadores que hai menos de 60 anos descubriron o corpo de Lucy, un Austrolophitecus Afarensis, "a nosa avoa". Chámase Lucy en honor a unha canción dos Beatles, Lucy in the sky with diamonds, posto que esta era a música que escoitaban os investigadores cando atoparon os ósos deste corpo.
A Prehistoria polo tanto, comeza non a partir do Austrolopitecus, senón primeiro Homo, o Homo habilis hai 2,5 millóns de anos.
O NÚMERO QUE BUSCADES PARA ESTA TAREFA É A CIFRA DAS UNIDADES DOS MILLÓNS DE ANOS QUE HAI QUE LUCY EXISTIU
Aquí tedes moitísima información para ampliar tamén sobre Darwin! Vídeos, fotografías, curiosidades...
TAREFA 4
Como xa vimos, a Prehistoria ocupa dende 2,5 millóns de anos ata a aparición da escritura. Pero Capitán Zukunft, Lucy non é de hai 3,3 millóns de anos? Si, si, claro que si, pero Lucy é o que se denomina do xénero Austrolopitecus. O ser humano como tal, comeza a partir dos Homo, como podedes ver nesta imaxe.
O Homo Habilis apareceu hai 2,5 millóns de anos, que é cando moitos historiadores din que comeza a Prehistoria.
Outros din que foi con Lucy e incluso moito antes, hai 4,5 millóns de anos... En fin, o que tedes que ter claro é que coa aparición do ser humano, comeza a Prehistoria e que remata cando descubrimos a escritura en Mesopotamia, arredor do 3500-3000 a.C.
Mirade esta imaxe. Vedes máis ou menos cando aparece cada un dos homínidos. Responde ás seguintes cuestións:
Canto tempo tardou en aparecer desde o Austrolopithecus ata o Homo Habilis?
Canto tempo tardou en aparecer desde o Austrolopithecus ata o Homo Neanderthal?
Canto tempo tardou en aparecer desde o Homo Erectus ata o Homo Sapiens?
Canto tempo tardou en aparece desde o Homo Sapiens ao Sapiens Sapiens?
NÚMERO QUE BUSCADES PARA ESTA TAREFA É A CIFRA DAS DECENAS NA PORCENTAXE DE CEREBRO MÁIS GRANDE QUE TEÑEN OS HOMO HABILIS QUE OS AUSTROLOPITHECUS
TAREFA 5
Rematamos hoxe coas tres etapas nas que se divide a Prehistoria: Idade de Pedra (Paleolítico e Neolitico) e Idade dos Metais (Idade Cobre, Idade de Bronce e Idade de Ferro)
Cales foron os grandes inventos do ser humano no Paleolítico e no Neolítico?
Que tipo de cambio é a combustión do lume: físico ou químico? Por que?
Se colles unha pedra e analizas as súas propiedades da materia, cales son as principais?
NÚMERO QUE BUSCADES PARA ESTA TAREFA É A CANTIDADE DE CORES DISTINTAS QUE HAI NO DEBUXO DO LUME QUE APARECE NO VÍDEO.
Para profundizar na Prehistoria, déixovos este marabilloso vídeo de 6 minutos no que explica moi ben e moi detallado toda a Prehistoria.
Despois de coñecer a evolución do ser humano e a nosa orixe segundo os estudos científicos... Agárdovos mañá en Exipto! Vémonos!
Saúdos intertemporais,
O capitán Zukunft
Sergio a canvion e moi bonita.
ResponderEliminarTes razón 🎶❤
EliminarCancion*
ResponderEliminar