Un pouquiño do relevo de Europa!
Bo día rapazada! Como estades? Agardo que todo vaia xenial como vos merecedes!
Se vos fixáchedes na imaxe do inicio, alguén pode recoñecer a esta rapaza, non si? Efectivamente: Heidi. Esta nena foi parte da infancia de moitos nenos e nenas do mundo e, se hai algo no que nos fixábamos, era nas brancas montañas da súa contorna.
Por que esta paisaxe tan marabillosa? En primeiro lugar, Heidi naceu dun libro, escrito en 1880 por unha muller chamada Johanna Spyri; a súa casa, onde escribiu este potentísimo relato, atópase nun conxunto montañoso dos máis famosos do mundo. Sabedes cal é? A ver se con esta imaxe lembrades algo máis.
Chocolate...SUIZO! E cales son as montañas máis famosas de Suíza, Francia e Italia? Unha pista máis. Diariamente moitos nenos e nenas de todo o mundo utilizan no cole uns lapis de cores. Aquí os tedes:
O seu nome fai referencia a este conxunto montañoso... OS ALPES!
Marabilloso, non si? Son unhas das principais cadeas montañosas de Europa, pero non son as únicas, como xa víchedes na clase.
Agora, como repaso do que xa sabedes, déixovos un par de xogos para que repasedes estes conceptos. Vémonos en nada, rapaces!
Un pouco máis difícil...
sapoconcho
ResponderEliminar