¿Sabías que...?
Moi boas a todos e todas!
Para iniciar esta páxina, dado que estamos a traballar o tema dos seres pluricelulares, centrado fundamentamente no noso corpo, contareivos dous datos fascinantes ao respecto. Imos aló daquela!
Dunha banda, que facemos todas as persoas cando temos frío? Comezamos a tremer, non? Isto é un movemento natural porque ao axitaren... os músculos producen preto do 85% da calor que temos no corpo!
Doutra banda, que é a pel? Pois nada máis que o órgano máis longo de todo o corpo. Estase constantemente renovando, ata o punto que diariamente... DESFACÉMONOS DE 50.000 CÉLULAS MORTAS. Na nosa vida, perdemos arredor de 18,1 kg de pel.
Traereivos máis dentro de nada!
Me encanta este blog, así nos ponemos al did con los niños 👏
ResponderEliminarLo mismo digo
EliminarSoy el número 24
ResponderEliminar