Reflexionando un pouco sobre o 8 de marzo
Bos días a todos e todas!
Hoxe, despois de moito tempo sen vos subir algunha entrada, creo que esta é a que ten que ser! Onte estivemos celebrando no cole o Día Internacional da Muller, falando primeiramente da historia deste día, continuando coas mulleres relevantes na Historia, e finalizando coa creación duns carteis para expoñer.
Deste xeito, temos que remontarnos a 1857 para poder comprender este feito. En plena Revolución Industrial, en New York un 8 de marzo desde ano moitas mulleres do sector textil organizaron a primeira gran manifestación para protestar polas nefastas condicións laborais que estaban a sufrir: xornada longuísimas en comparación coas dos homes, traballo infantil, postos de traballos precarios, explotación... Aquí comezaría o cambio.
Anos máis tarde, en 1911, preto de 130 traballadoras da fábrica Triangle Shirt de New York organizaron unha folga para reivindicar unha mellora nos postos de traballo: mesma xornada laboral que os homes (redución a 10 horas) e mellores condicións de hixiene. Lamentablemente, unha semana despois produciuse un incendio nesa mesma fábrica, falecendo os máis de 140 empregados que nela traballaban; as portas estaban pechadas, polo que non puideron saír do edificio. A partir dese momento, sucedéronse unha serie de conferencias e feitos que cambiaron a historia do mundo, chegando ata os nosos días.
Algunhas mulleres relevantes, entre as moitísimas que fixeron historia pero non se lles tivo tanto en conta, foron Marie Curie (primeira profesora muller da Universidade de París e unha das poucas personas que gañou dous Premios Nobel), Frida Khalo (artista considerada un icono do feminismo pola loita e rexeneración constante ante as adversidades da súa vida) ou Rosa Parks (elemental á hora de entender a defensa dos dereitos e a igualdade nunha sociedade estadounidense que discriminaba ás persoas de orixe afroamericana). Déixovos un artigo que fala de varias delas se clickades aquí.
Como reflexión final, invítovos a volver visualizar o vídeo da clase, xa que dá moito que reflexionar. Digan o que digan, fagan o que fagan, ocorra o que ocorra, nunca esquezades que sodes fortes, valentes e imparables!

Comentarios
Publicar un comentario