Lapbook sobre un produto
Boa tarde!
Hoxe vos traio unha grande cantidade de recursos que de seguro vos servirán para crear e mellorar os vosos lapbooks.
-"Eh, agarda un intre... Un lap que?
Tranquilo alumnado, está todo baixo control!
Un lapbook (libro de lapelas ou pestanas en galego) é un soporte desplegable en cartolina ou cartón que nos permite presentar, de forma visual e interactiva, un tema en concreto. É dicir, consiste nunha especie de libro no cal se empregan diversos materiais e recursos (goma EVA, papeis de cores, papiroflexia, sobres, texturas...) que facilitan a comprensión dun contido.
Como sabedes, teredes que tratar, como mínimo, 3 puntos: Materiais empregados (sector primario), proceso de fabricación (sector secundario) e comercializacion (sector terciario). Se queredes podedes aumentar ese puntos, como usos hoxe en día, países nos que se distribúe, historia do produto... (o cal non só vos serviría para que aprendéramos todos sobre o produto, senón tam
Igualmente, ímosvos puntuar moi positivamente a presentación, a redacción (gramática, vocabulario e ortografía) a creatividade (orixinal, con múltiples recursos que nos creen a necesidade de saber máis sobre o que expoñedes), a integración dos contidos e, evidentemente, a vosa presentación oral.
A data límite de entrega é o 10 de maio. De non cumprirse o prazo, restarase puntuación, posto que é un criterio de valoración.
Agora vos deixo algúns exemplos de como facer un lapbook, así como a web de onde sacar os modelos para imprimir.
Aquí vos recollo os distintos modelos clasificados por grupos. Premedes nesa ligazón e condúcevos a unha carpeta onde se atopan clasificadas por tipo: flores, círculos, listaxes...
https://drive.google.com/drive/folders/1xKVudQwitbPDkQPaN4gZTvRgpXd0fK5C
Durante as clases, seguiremos como facedes o traballo. Calquera dúbida, xa sabedes: AXUDAREIVOS! Moito ánimo rapazada

Comentarios
Publicar un comentario