Aprender a emprender!
Boa tarde, rapazada!
O prometido tense que cumprir! Aquí tedes as pautas esenciais para o traballo que tedes que facer do tema 5 de Ciencias Sociais: montar unha empresa!
Desde xeito, tal e como vos repartín hoxe nos grupos de clase, teredes que crear un proxecto de empresa para presentarse ao concurso “Aprender a emprender” que celebraremos en sexto.
Os puntos necesarios sobre os que tedes que ir pensando son:
-Introdución e presentación: o nome da empresa, unha descrición do que facedes (somos unha empresa de turismo encargada de organizar viaxes; unha empresa tecnolóxica na rama da informática, unha produtora de cine...) a que sector pertencedes e unha xustificación de por que é importante para a sociedade.
-Características básicas:sector económico ao que pertencedes, tipo de empresa segundo o número de traballadores, o voso organigrama (como se distribúen os distintos departamentos da vosa empresa e quen se encarga de cada un), onde está localizada e con que comercios, vilas, cidades ou países traballades.
Pódese ampliar cos vosos principais gastos, ingresos e inversións.
-Marketing e publicidade: tedes que crear un logo e un slogan. Tamén podedes pensar en facer un anuncio publicitario para grabar co Chroma Key.
-Os vosos plans de futuro como empresa:
Todo isto será o que faremos na clase, pero ide pensando que pretendedes como empresa. O luns falámolo con máis calma e resolverei as vosas dúbidas de novo.
Pasade unha boa xornada!!
P.D: como xa lle comentei a algún na clase, recoméndovos un par de páxinas para crear un logo de forma intuitiva e sinxela. Aquí van!
CANVA: www.canva.com
Free Logo Design: www.es.freelogodesign.org
Logos online: www.crearlogogratisonline.com
-
Comentarios
Publicar un comentario