Traballo sobre a industrialización

Boa tarde, rapazada!

Bitmoji Image

Aquí vos traio as orientacións para poder facer o traballo que tedes que entregar antes do martes 12 de xuño sobre a asignatura de CC.SS., concretamente sobre o tema 6: A industrialización.

Para realizalo, dámosvos tres alternativas:

-Facer unha liña temporal cos distintos datos do tema. Se non aparecen moitas datas (que así é), teredes que buscar na internet, por exemplo, a data de construción do primiero barco de vapor, do primeiro coche... e poñelo. Igualmente, son importantes outras como a aparición do primeiro sindicato, da primeira revolta industrial... Como vedes, aínda que non estean escritas, é fundamental completalas coa información que atopedes.

Neste caso, pódese entregar en A3, xa que queda máis estético que dous A4 xuntos.

-Facer un resumo do tema: 

Realizaredes unha síntese das principais ideas do tema, tratando punto por punto e incorporando a información máis salientable dos debuxos.

Profundizar nun tema en concreto da industrialización:

Se non vos convencen as anteriores propostas, sempre podedes escoller un tema que vos chamara a atención do tema, como por exemplo a máquina de vapor, as condicións sociais da época ou a modernización das fábricas e a tecnoloxía empregada. Calquera tema relacionado coa industrialización vale.


En canto aos aspectos formais, é necesario entregar o traballo con portada e contraportada (no caso da liña temporal en A3, pódese dobrar e facer pola parte traseira), con boa presentación, respectando as marxes e coidando a letra, e nun máximo de 2 folios (4 carillas).

Podédelo facer manualmente ou a ordenador. En calquera caso, puntúa positivamente a presentación e incorporación de imaxes.

Agardamos as vosas achegas!!!

Calquera dúbida, xa sabedes onde atoparme ;)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)