Rutina do xoves: Malpicáns polo mundo!

Moi boas, rapazada!!

Como estades? Agardo que o mellor posible!! Xa queda menos para rematar a semana. Contádeme como o levades, como ides facendo as tarefas...

Hoxe vos traio unha nova rutina que comezamos a facer na clase, pero agora desenvolta e mellorada.

road trip

Ao estar metidos na casiña, vainos vir ben coñecer un pouco de mundo grazas ás novas tecnoloxías!! Invítovos a subir a esta aventura e a investigar as curiosidades e marabillas das que dispoñemos arredor do mundo! :)

Para acompañarme nesta experiencia, teredes que descargar a seguinte ficha e completala coa axuda de internet, atlas...


Completo eu o primeiro paso da ruta 1.
Ruta 1. España

Continente: Europa

País: España

Capital: Madrid

Poboación: 47.000.000

Idioma: Español, galego, catalán, euskera, valenciano

Moeda: Euro

Bandeira: (imaxe da bandera)

Interés social e cultural: É un país de fusión de culturas con moita historia romana, árabe, visigoda e celta entre outras. Destaca por ser un territorio moi variado en paisaxe e clima. Un dos seus maiores ingresos económicos é o turismo.

Gastronomía: Depende da zona, pero de entrada son a paella, o viño, as tapas, a tortilla de patacas ou os churros entre outros.

Natureza: Moi variada, desde volcáns como o Teide en Canarias, pasando polas fragas e o verde de Galicia e o norte ou os desertos de Almería, Murcia ou Aragón.

Curiosidades: Se Castela e León fose un país, sería o 19º estado máis extenso do mundo, por diante de Austria e Portugal; España é o territorio con máis terreo para viñedos do mundo. En Lanzarote está o único museo submarino de Europa.

Agora vos toca a vós facelo con... Francia!!

Ánimo con isto :)

Unha forte aperta,

O voso profe Sergio

Comentarios

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)