Segunda semana de traballiño... Imos aló!!

Moi boas, rapazada!!

Como ides? Espero que perfectamente e tranquiliños na casa!! Bueno, sen présa pero sen pausa coas activdades do cole, eh? ;)

Antes de nada quixera dicirvos que non recibín case ningún correo voso ao meu correo... 😢 Encantaríame saber como estades levando este confinamento, como ides coas tarefas, se tedes dúbidas, se queredes que vos explique algunha cousiña en concreto, como pasades o voso tempo libre... Contádeme, que eu nestes días contareivos como o estou pasando eu dende a casiña 👍

Así que, para que nos poñamos en contacto, gustaríame que me enviárades un correo ao meu enderezo: tutoriasergiosm@gmail.com Tédesme que enviar un vídeo de presentación de entre 15 e 20 segundos nos cales me contedes o seguinte:

1) Presentación
2) Como estades, en que empregades o tempo, se lle vedes algo positivo a estar na casiña...
3)Despedida

Agora si, a continuación vos deixo todo o que temos para esta semana. Veredes que poño unha tarefa para cada asignatura. Teredes de marxe ata o domingo para facela e necesito probas fotográficas ou de vídeo de como vos quedou!! Terédesma que enviar antes do domingo ás 22:00; subireivos os materiais para unha delas, polo que estade atent@s ao blog diariamente!!

A maiores, manteremos as rutinas da clase e algunha máis nova que teremos... polo que cada día teredes que realizar unha rutina!!


Igualmente, querovos comunicar que podedes enviarme as vosas suxestións como se fosen o buzón da clase ao meu correo! Eu publicarei as mensaxes que me mandedes no blog os venres

Aquí vos vai o traballo


1.Ciencias da Natureza:
-        Lectura e esquema das páxinas 70 e 71. A maiores, tédesme que poñer un personaxe de debuxos, de película, de serie… que viva en cada un deses ecosistemas ou que desenvolva as súas historias nel. Por exemplo, o personaxe de Disney Bambi desenvolve a súa vida nun bosque.
-        Páxina 72: Esquema da páxina 72 no cal incluades as causas que deteriorian os ecosistemas e medidas que podemos afrontar para loitar contra iso. A maiores, buscade máis causas e medidas que deterioran os ecosistemas.
Tarefa: Gravarse practicando na casa dúas medidas que protexan os ecosistemas co seguinte formato: 1) Presentación 2) realización das medidas e explicación de por que son positivas 3) Despedida. Tédesme que enviar o vídeo ao final da semana ao correo tutoriasergiosm@gmail.com
Por exemplo, se queredes explicar reducir o consumo de produtos e reutilizar cando sexa, teredes que saír no vídeo reutilizando un envase ou algo semellante

2.Ciencias Socias:
-        Exercicios de repaso 15, 16, 18 e 19 das páxinas 72, 73 e 74
-        Facer un traballo sobre un accidente xeográfico de España que vos chamara a atención seguindo o seguinte esquema nun documento de texto (Word, libreoffice, documentos de Google…)

Nome:
Tipo de accidente xeográfico (río/mar/montaña/cordilleira/serra…):
Situación no mapa:
Descrición e curiosidades (que extensión ten, que seres vivos habitan nel, a súa altitude…):
5 imaxes:

3.Lengua Castellana:
-        Página 124. el debate: https://www.youtube.com/watch?v=UA0tlFUYcuo
Ver el vídeo y responder a las siguientes preguntas:
-¿Qué es un debate?
-¿Para qué creéis que sirve un debate?
-¿Cuántas personas intervienen en un debate?
-¿Cuál es la función del moderador?
-¿Cuáles son las normas con las que se tiene que debatir?
-        Página 125: Comparación y metáfora
Ejercicios (13, 14, 15)
Página 125: Elaborar un texto literario (poesía, narrativa, teatro, comic) en el cual empleéis una metáfora y una comparación.

Tarefa: A raíz del coronavirus, hay muchos medios de comunicación que se han vuelto a activar y uno de ellos es la carta. De esta forma, existe mucha gente en los hospitales que en estos momentos de dura superación necesitarían unas buenas palabras para alegrarse. Por ello, os propongo que redactéis una carta en la que cual os dirijáis a una persona que se encuentre actualmente en el hospital con el fin de sacarle una sonrisa y animarla a luchar y vencer la enfermedad.

Enviádmela al correo para ponernos en contacto y yo se la remitiré al personal sanitario, que ha habilitado un correo para hacérselas llegar.
Pasos para escribir una carta:

1)Arriba de todo del folio a la derecha ponemos lugar y fecha
2) Saludamos y ponemos dos puntos
3) Escribimos todo lo que queremos decir
4) Nos despedimos con una exclamación
5)Firmamos con nuestra rúbrica (firma)

Recuerda hacer muy buena letra, ser limpio y ordenado en la presentación y deecorarla si te apetece.

4. Lingua Galega:

-        Páxina 127: https://www.youtube.com/watch?v=NCSnt4nQN_k
Exercicios 19 e 20
-        Páxina 127: Crear unha historia cos cubiños de historias que empregamos na clase mediante esta aplicación https://rollthedice.online/en/cdice/storydice  Tedes que crear unha historia loca mediante 6 palabras nas cales apliquedes o emprego adecuado desas tres formas de puntuación
-        Páxina 128: https://www.youtube.com/watch?v=xSEuP3GUQYg
Exercicios 21, 22 e 23

Tarefa: Debater coa túa familia respecto a tres situacións hipotéticas. Podedes escoller a que queirades ou facer as tres.
a)     Nesquik vs. Colacao
b)     Tortilla de patacas pouco feita vs. Tortilla de patacas moi feita
c)     Ler un periodico vs. Escoitar a radio

5. Matemáticas
https://www.youtube.com/watch?v=JSHBtp8i85k Repaso de las unidades de masa
https://www.youtube.com/watch?v=FD9vMtZqk_4 Cómo realizar las conversiones
-        Repasar los vídeos y recoger las dudas que tengáis
-        Página 126: 1, 2, 3
-        Página 127: 4 y 5
-        Fichas de repaso:



-        Tarefa:  Crea tu propia balanza con todo lo que tengas a mano y mándame una foto al correo!!!

6. Plástica: Aprendizaxe dos tipos de planos de fotografía: https://www.youtube.com/watch?v=41-TJMxVNHA

Tarefa: realizar un libro fotográfico cos distintos tipos de plano. Collede un móvil ou unha cámara e experimentade cos distintos tipos de plano!!! Tédesme que mandar un documento no cal estean as fotos que representan cada un dos planos do vídeo!


Sen máis, esta tarde subireivos unha listaxe na cal aparecerán todas as tarefas da semana para que marquedes e completedes e levedes un rexistro de todo!! Lembrade a importancia da organización :) 

Moito ánimo, moita forza e a seguir lotiando!!

Unha aperta moi moi forte,

O voso profe Sergio

Bitmoji Image



Comentarios

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)