0. Unha viaxe intertemporal
Boas, alumnado de 5º de EP
Aquí vos deixo unha mensaxe en vídeo na cal me presento...
Sodes vos? Si, si si! Sodes vós! Por fín!!
En primeiro lugar, xa sei que non sabedes quen son, polo que me presento! Son o Capitán Zukunft e veño do pasado. Pertenzo ao Centro de Investigacións Elysium-Wohl (CIEW), unha organización encargada de realizar viaxes no tempo, viaxes intertemporais con distintas obxectivos segredos que pretenden recuperar a nosa historia.
E pode que vos preguntedes… Recuperar a nosa historia? Por que? Teño que avanzarvos queexiste outra organización chamado Equipo de liberación do pasado (ELP) que está destruíndo os nosos arquivos históricos. Cos seus sistemas avanzados e as viaxes no tempo, pretenden que a xente esqueza a nosa historia, modificándoa só para o seu beneficio e conseguir o poder da Terra.
No noso mundo, moita xente esqueceu o valor do pasado; actúan sen ter en conta o que fixeron os antepasados e seguen cometendo os mesmos erros… e se hoxe estamos onde estamos e somos quen somos, é grazas a todo o que aconteceu anteriormente. Temos que ter unha frase moi presente: Quen non coñece a historia, está condeado a repetila.
Se estou aquí é porque me acaban de encomendar unha misión para vós. É totalmente segreda e exclusiva Ae requerirá do voso coñecemento para acadala… Nas próximas horas recibiredes toda a información necesaria así como obxectivo para axudar á organización e devolver a nosa historia á realidade!
Recordade… o noso lema é o latinismo tempus fugit, o tempo voa…
Moito ánimo nesta nova misión.Conto convosco. Necesitámosvos
Un saúdo intertemporal,
O capitán Zukunft

Non vos chama a atención que o canal de Youtube do profesor Zukunft sea tuprofesergio? Que curioso...
ResponderEliminar