2. Comezamos a percibir...

Boa tarde:

Ao mando o capitán Zukunft. 

Antes de nada, recibín información valiosa que necesitades saber de min e que a nosa exploradora Sabina preguntoume mediante o correo de Sergio...

Chámome Sergioff Zukunft, pertenzo á familia do voso profesor Sergio (son o seu tataratataratataratataraavó), e veño do ano 1789, ano da Revolución Francesa. Cheguei grazas a un portal intertemporal que se atopa agochado en cada país desta investigación.

Traballo no CIEW e teño a misión de recuperar a historia a través dos obxectos e inventos que marcaron aos seres humanos para chegar ata a actualidade; existe unha organización chamada ELP que pretende destruír tales obxectos e inventos e así non deixar que as persoas avancen e saiban o seu pasado. E aquí é onde entrades vós, os próximos exploradores intertemporais. 

Recibín ordes expresas e intransferibles de que vós fósedes quenes axuden neste conflito. Necesitarei do voso coñecemento para devolver á memoria de todos o que nos pertence: a nosa historia. 

Unha vez presentado, traiovos nova información que descubrín. Xa teño a nosa posición. Envíovos esta imaxe da nosa folla de ruta. Hai algo estraño... sabedes xa que é e que teremos que facer?


A partir da semana que vén estaremos listos para descubrir todo.

Ánimo, equipo.

Un saúdo intertemporal,

O capitán Zukunft

Comentarios

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Se é de 1789 como e posible que teña un canal de Youtube para o vídeo de antonte?

    Cousas curiosas

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)