23 de abril de 2020

Bo día!

Adxúntovos o traballo de hoxe.

Lengua Castellana

Lingua Galega

Facer un pequeno vídeo co voso libro favorito que teñades por casa. Tédesnos que convencer nun minuto de por que deberíamos de lelo.

Matemáticas

Colle ese libro que é o teu favorito e le a páxina 23. Na páxina 23 (se é unha ilustración, a 24 ou 25 emprega), busca todos os artigos e multiplícaos polo número de substantivos. A isto, súmalle 132. Canto da?

Nese libro, vai á páxina 10. Conta os verbos e adxectivos, e resta os adxectivos aos verbos. Canto da?

Crea un problema sobre os libros con eses dous datos.

Ciencias da Natureza

Mira este vídeo sobre a fabricación dun libro. Relaciona as formas de enerxía con este vídeo.

Despois, describe os pasos para crear un libro




Saúdos!

Feliz día do libro :)

Sergio

Comentarios

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)