ACLARACIÓNS DAS TAREFAS E RECORDATORIO

Bo día!

Estes días, comezamos un proxecto novo que consiste en viaxar pola Historia tanto para traballar os contidos xa vistos como para aprender cousas novas básicas sobre o noso mundo.

Simplemente, lembrarvos que non é necesario que imprimades nada.  Só con poñelo na libreta e ver os vídeos xa chega. Polo tanto:

1) A tarefa Malpicáns polo mundo podédela na libreta.

2) As comprensións de texto non é necesario copialas. Con que poñades o título, copiedes as preguntas e as respostas, xa está Non copiedes o texto!

3) Os problemas de Matemáticas, podedes copialos

4) En plástica podedes facer o vaso en folio

Este traballo podedes envialo ou ben a final do día ou a final da semana.

O que si, mandádeme o número ao correo.

Respecto ás familias, podedes enviar todavía as fotos en familia do día do libro e as manualidades de reciclaxe.


Saúdos,

Sergio

Comentarios

  1. Ola Sergio, unha pregunta, ¿chéganche os correos que che estiven mandando a "tutoriasergiosm@gmail.com?

    ResponderEliminar
  2. Que ten esto que ver con CIEW? (mira as etiquetas)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)