Luns 20 de abril

Pode que esteades lendo isto dende un móbil. Neste momento de coronavirus, a comunicación mediante Internet é necesaria para manternos unidos... pero foi sempre así?

Hoxe recibiredes unha nova... que cambiará esta fin de curso! Mentres tanto...

Lengua Castellana: Completar esta comprensión escrita


Lingua Galega: Crear unha historia loca cos 5 primeiros obxectos que vexas agora mesmo!

Matemáticas: Elaborar catro problemas (e resolvelos) nos cales empregues as operacións combinadas e os seguintes números: 18, 3, 9

Ciencias da Natureza: atopar as distintas formas de enerxía que vimos nos primeiros temas (mecánica, eléctrica, nuclear....) en obxectos que empreguemos día a día (exceptuando a nuclear); poñer tres exemplos de cada forma de enerxía na vida cotía. Por exemplo: Enerxía sonora cando: tocamos as cordas da guitarra, alguén fala e nós escoitamos...

A rutina de Matemáticas de cálculo mental xa a tedes lista!



Unha forte aperta,

Sergio




Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)