Notficación importante sobre o terceiro trimestre

Bos días, queridas familias:

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,14,15,16,17,18,19,20,21,22,23,24,25,26,27,28,29,30,31,32,33,34,35,36,37,38,39, 40.. Corenta días xa cumprimos desde que se decretou o estado de alarma e as nosas vidas deron un xiro de 180º. Levamos moito percorrido , un cambio da nosa rutina e na nosa forma de aprender. Pode que teñades certos incertidumes respecto ás tarefas, á avaliación ou outros aspectos esenciais; en calquera caso, tedes o meu contacto ou ben do centro para resolver as dúbidas!

  En canto á aprendizaxe deste terceiro trimestre, publicáronse na Xunta as instrucións de desenvolvemento da terceira avaliación. Deste xeito,  debido á especial circunstancias nas que nos atopamos, quero lembrarvos a importancia da participación e da implicación nas tarefas, posto que é o principal para levar a cabo esta recta final. Se ben é certo que as tarefas desta terceira avaliación en ningún caso serán determinantes para unha avaliación negativa, si que serán tidas en conta para redondear as notas. Noutras palabras, non se suspenderá polas tarefas, pero si que servirán para aumentar as notas: A PARTICIPACIÓN É O MÁIS IMPORTANTE!

Nesta liña, quero lembrarvos tamén que, para poder saber como estades facendo as tarefas, necesito que me mandedes as fotografías de todos os traballos que realiza o alumnado. É a maneira que teño de poder saber como o están facendo.  Para isto, agradecería que me enviaran todas as fotografía das tarefas da semana nun só arquivo para non recibir todos os correos á vez de cada asignatura. Por isto, podédelas mandar o venres, sábado ou domingo.


Sen máis quería manifestarvos o meu apoio, dicirvos que o peor xa pasou e que por fin estamos a ver a luz ao final do túnel.Grazas ao voso esforzo e dedicación na casa, estades a marcar un antes e un despois na vida dos vosos fillos/ as. O meu aplauso de hoxe ás 20:00 vai para vós!

 Só me queda dicirvos: ánimo, enerxía para este final que afrontaremos conxuntamente.

Unha aperta,

Sergio



Bitmoji Image

Comentarios

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)