Volta á "escola"

Bo día a todos e todas!

Como estamos? Como sentaron esas "vacacións"? Espero que adecuadamente, que desconectárades un pouquiño do cole e das tarefas porque... comezamos de novo :)

Comezamos este terceiro trimestre como ningún outro... A través de internet. Si, alumnado, si. Un tanto distinto, pero nunca choveu que non escampara!

Aquí vos van as tarefas para hoxe e a rutina!

Lengua Castellana: Lectura da páx 136 e 137 e exercicios do 1 ao 5

Lingua Galega: 138 e 139 lectura; exercicios da 140 (1 ao 5)

Matemáticas: Ejes de simetría en la página 136 (ejercicios 14 y 15)




Ciencias da Natureza:

Páxina 80 e 81 (exercicios 1 e 2)




Ciencias Sociais:

Páxina 62 e 63: Esquema de dúas páxinas e exercicio 2 e 3

Rutina do martes:

Hoxe nos toca reflexionar sobre un artista... Pablo Picasso!

Historia y biografía de Pablo Picasso

Pablo Picasso - Historia Arte (HA!)

Aquí vos deixo unha introdución á vida de Picasso debuxada!





Reflexionemos sobre as seguintes citas de Picasso:

1) Todo o que pode ser imaxinado é real
-Que credes que quere dicir Picasso?
-É certo que podemos facer realidade todo o que imaxinemos?

2) Críticos, matemáticos e científicos queren clasificalo todo, marcando fronteiras e límites… Na arte no é así:  hai espazo para todas as posibilidades.

-Que entendes nesta frase?
-Cres que calquera poder facer arte?
-Que é a arte para ti?

2)  Cando os soldados alemáns na Segunda Guerra Mundial adoitaban vir ao meu estudo e mirar as miñas fotos de  Guernica, preguntaban ‘Fixeches isto?’. E eu dicía, ‘Non, ti fixéchelo’.

-Sabes por que lles botaba a culpa aos nazis?


Un grito contra la barbarie | Historia del Guernica | Especiales ...

Bueno, isto é todo por hoxe! Ánimo!!

Unha forte aperta,

O voso profe Sergio

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)