10. Misión 2: África
Bo día, exploradores!
Tras a vosa primeira misión, felicítanme desde o Centro de Investigación Elysium-Wohl e polo tanto... tamén a vós! Acabamos de conseguir a primeira das sete xemas agochadas, o que produce nos nosos inimigos unha certa sensación de malestar!
Grazas a vós, soubemos que o noso continente europeo tiveron lugar grandes inventos que axudaron a progresar. Principalmente, dúas culturas moi poderosas como os gregos e os romanos deron a base de moitas das cousas do noso día a día. Todo isto tivo lugar na Idade Antigua, desde a aparición da escritura entre o 3500-3000 a.C. ata a caída do Imperio Romano de Occidente no 476 d.C.
Igualmente, demos os primeiros pasos na época medieval na Alemaña dos castelos da Selva Negra, unha famosa ruta que tamén dá nome a unha tarta moi... RICA.

Non obstante, é momento de cambiar de continente en busca da xema de auga! E para confundirnos, o ELP agochouna nun sitio que precisamente non se caracteriza por haber moita auga... ÁFRICA.
Aquí temos o mapa descuberto:
Polo tanto, investigaremos en:
2.1. Martes en Etiopia: Viaxe á prehistoria
2.2. Mércores en Exipto de 2020
2.3. Xoves en Exipto no ano 1500 a.C., época gloriosa dos faraóns
2.4. Venres en Marruecos en 2020
2.5. Luns en Marruecos no denominado Al-Andalus e a súa invasión á Península Ibérica no 711 a.C.
Con todo isto, obteredes outros números que nos permitirán atopar a xema de auga. Onde estará agochada?
Moito ánimo con esta nova misión. Descansade ben esta noite, porque mañá nos agarda a calor africana!
Saúdos intertemporais,
O capitán Zukunft

oxe non hai deberes ?
ResponderEliminar