18. Misión 3.2. India no pasado
Bo día, exploradores!
Hoxe estamos no Hindu Kush, a cordilleira que se atopa na India e na que se libraron moitas batallas...
Sónabos o nome de Alejandro Magno? Sabedes quen foi?
Tarefa 1.
Fai un resumo da vida de Alejandro Magno e indica cal foi a súa batalla máis importante.
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS CENTENAS DO ANO DE FALECEMENTO DE ALEJANDRO MAGNO
Tarefa 2.
Alejandro Magno foi con 30.000 homes conquistando todo o habido e por haber durante uns anos coa fin de conseguir o que o seu pai Filipo II non logrou.
Imaxina que o 50% do exército ten un total de 2 fillos, mentres que o outro 50% teñen 3 fillos. Cantos fillos teñen en total todo o exército?
Imaxina que falecen 10.000 ao longo dos anos que loitou. Cantos fillos teñen en total?
Imaxina que dos restantes despois das batallas, o 25% tiña os ollos azuis, o 70% ollos castaños e o restante ollos verdes. Cantos soldados hai con cada cor de ollos?
O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE CUARTOS QUE EXISTEN NUNHA PORCENTAXE DE 100%
Tarefa 3.
Unha das cidades fundadas por Alejandro Magno foi Alejandría, situada nun país africano... Cal é?
Mira este vídeo e escolle dúas curiosidades. Analiza os substantivos, adxectivos e determinantes (artigos, demostrativo, posesivo, numeral, indefinido...).
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DO NÚMERO DE ANOS COS QUE COMEZOU A GOBERNAR ALEJANDRO MAGNO.
Tarefa 4.
Alejandro Magno, nunha das das súas conquistas, chegou ata Babilonia.
Aquí tiveron lugar as primeiras leis do mundo: o código Hammurabi.
Inventa un diálogo dun xulgado, onde apareza un xuiz e un acusado como mínimo, no que se aplique algunha das normas que aparecen no código Hammurabi (enriba no link).
O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE LETRAS QUE TEN O NOME DESTAS LEIS: CÓDIGO ...
TAREFA 5
Finalmente, en Babilonia atopábase unha das máis fermosas obras de arte do ser humano: os xardíns colgantes de Babilonia. Non obstante, foron destruídos. Conforma unha das 7 marabillas do Mundo Antiguo.
Averigua cales son as 7 marabillas do mundo antiguo.
Escolle unha e completa:
Nome:
Ano:
Lugar, país:
Ano de destrución e causa
Materiais:
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DO PESO EN TONELADAS QUE TEN CADA BLOQUE DE PEDRA DAS PIRAMIDES
ISO É TODO!
SAÚDOS INTERTEMPORAIS,
O CAPITAN ZUKUNFT
cal é o número da tarefa 2?
ResponderEliminar