19. Misión 3.3. China no 2020

Bo día exploradores!

Hoxe aterrizamos en Beijing, unha cidade chinesa caracterizada nestes momentos por... bueno, o Covid, ao igual que máis de medio mundo. Por desgraza, nestes momentos estamos sufrindo unha pandemia sen precedentes que está deixando non só unha grande cantidade de contaxios e falecementos, senón tamen un conxunto de problemas económicos moi graves. 

Aínda así, vemos que pouco a pouco o mundo estase renovando e recuperando. 

Como sempre, fixádevos na distancia que percorremos!


TAREFA 1. 

Como podedes ver, son moitísimos quilómetros os que percorremos. Se se fai esa distancia unhas cantas veces...

a) Cantos quilómetros son se se fai 4 veces ao día?

b) Se en cada viaxe se gasta un cuarto do combustible total que leva (200.000 litros de queroseno), cantos litros gasta por viaxe? Cantos lle quedan despois dunha viaxe?

c) Se van 400 pasaxeiros no avión, e se gastan uns 3 litros por cada pasaxeiro en 100 km, cantos litros gasta o avión cada 100 km? E en 1000 km?

O NÚMERO DA TAREFA SON AS UNIDADES DO RESULTADO DA PREGUNTA 1

TAREFA 2.

Malpicáns polo mundo!


O NÚMERO DESTA TAREFA É O NÚMERO DE ESTRELAS QUE TEN A BANDEIRA DE CHINA 

TAREFA 3

Verdadero o falso? 




1. En la región de Hong Kong muchos de sus rascacielos presentan un agujero en medio. ¿Para qué? Para que los dragones puedan pasar de un lado a otro estos edificios.

2. Hong Kong es la ciudad del mundo con más rascacielos

3. En algunas provincias del país, la policía utiliza como ayudantes a gansos en vez de perros, por su buena visión y naturaleza agresiva.

4. El papel higiénico fue inventado en China y lo utilizaba toda la corte real

5. China es el país más poblado del mundo

O NUMERO DESTA TAREFA É TOTAL DE RESPOSTAS FALSAS


TAREFA 4

A Gran Muralla China é unha das sete marabillas do mundo moderno e abarca unha grande cantidade de kilómetros... Mais cal foi a súa orixe? 






Atopa na explicación do vídeo:

5 verbos

5 adxectivos

5 substantivos

5 artigos

2 numerais

2 indenidos

2 posesivos

2 demostrativos

O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS CENTENAS DO TOTAL DE KM QUE TIVO DE LONGO ESTA MURALLA


TAREFA 5


China caracterízase pola súa biodiversidade e polos seus parques naturais, onde destaca o parque de Zhangjiajie. Sabedes por que é famoso? Aquí se rodou unha das películas máis taquilleiras da historia.




Fai un vídeo explicando a túa parte da natureza favorita (un lugar de praia, un bosque en concreto, un río...). Algún sitio no que estiveras e che encantara.

1) Nome e lugar: 

2) Por que me gusta: 

3) Que emocións e sentimentos me transmite:

4) Por que recomendo este sitio: 


O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE LETRAS QUE TEN O APELIDO DO DIRECTOR DA PELÍCULA AVATAR, QUE TAMÉN É O MESMO DIRECTOR DE TITANIC

Desde estas montañas viaxaremos ao pasado... 

Saúdos intertemporais,

O capitán Zukunft



Comentarios

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)