21. Misión 4.1. Australia
Bo día exploradores!
Despois de moito percorrer, chegamos dende Xapón ata Australia. Alí nos atopamos cunha cultura nova chea de misterios e aprendizaxes.
TAREFA 1.
Malpicáns polo mundo!
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS CENTENAS DO BILLETE DE MAIOR VALOR DE AUSTRALIA.
TAREFA 2
Verdadero o falso?
En Australia, ¡tienen un lago de color rosa!
Australia fue el primer país del mundo que permitió el voto femenino, en el año 1902 y justo después de que lo hiciera Nueva Zelanda.
abíais que en el escudo de armas de Australia aparecen un canguro y un emú? La explicación que hay detrás de esto nos pone los pelos de punta, y es que estos son los dos únicos animales que no saben caminar hacia atrás, y resulta ser una perfecta metáfora a la vida en sí…
Una de las más hermosas curiosidades de Australia es el hecho de que el 90% de su vegetación es autóctona y gran parte es endémica, lo que quiere decir que sólo la encontrarás en Australia
Dendrocnide moroides. Esta planta australiana con hojas verdes en forma de corazón puede hacerte vomitar de dolor con sólo tocar su hoja o su fino tallo. El dolor que provoca este ejemplar podría asemejarse a una quemadura de fuego o a ser rociado con ácido
O NÚMERO DESTA TAREFA É O NÚMERO TOTAL DE RESPOSTAS FALSAS
TAREFA 3
A Gran Barreira de coral é a especie viviente máis grande do mundo.
Cal é a situación actual da Gran Barreira?
Son importantes os corais para o ecosistema marino? Por que?
Que se entende por ser vivo?
Cantos reinos existen? Atopade dous seres vivos australianos de cada un dos cinco reinos
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS DECENAS DA PORCENTAXE DE PERDA DURANTE OS ÚLTIMOS 30 ANOS.
TAREFA 4
Cando saídes a dar unha volta polo bosque, cales son as árbores que atopades? Investigade 5 árbores típicas e debuxa as súas follas. Tamén sería marabilloso se puidésedes conseguir as follas e catalogalas.
Seguramente, apareza o eucalipto como unha árbore moi común en Galicia, mais... é galega?
En España a súa orixe data de mediados do século XIX, aínda que as repoboacións máis intensivas producíronse entre os anos ‘60 e ‘70. O sacerdote Rosendo Salvado foi o encargado de introducilo desde Australia, co envío de sementes á súa familia en Tuy (Galicia). As primeiras plantacións fixéronse con fins ornamentais. Nos anos ‘40, o Estado español acomete numerosas repoboacións forestais para paliar a escaseza de materia prima na posguerra e favorecer a creación de postos de traballo”
Fai unha reflexión sobre as vantaxes e inconvintes do eucalipto e outras especies invasoras en Galicia.
- Que che parece que haxa especies de fóra aquí? Por que?
- Vantaxes e inconvintes do eucalipto
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DO SÉCULO NO QUE VIÑERON
TAREFA 5
Australia é un país cheo de biodiversidade marabillosa. Pero tamén ten moito ser vivo moooooi perigoso
Pensaredes que estes animais son os máis mortíferos, mais... mirade aquí cal é o animal máis perigoso!
Cal é?
Imaxinádevos que todos os anos fosen atacados os seres humanos e faleceran o mesmo número de persoas.
Se morreron 2002 persoas por ataque de vaca ou cabalo, cantos anos son?
Inventa tres problema cos datos das mortes dos seres humanos. Tes que empregar a dous animais como mínimo e teñen que ser de multiplicación ou división.
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS DECENAS NO NÚMERO DE ANOS DA PREGUNTA FORMULADA
Isto é todo exploradores!
Saúdos intertemporais,
Capitám Zukunft
Comentarios
Publicar un comentario