23. Misión 4.3. Nova Zelanda no presente

Bo día exploradores!

Desde Australia, Canberra, a súa capital... viaxamos cara Nova Zelanda, o segundo país máis importante de toda Oceanía. 


TAREFA 1

Malpicáns polo mundo!


O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE ESTRELAS QUE TEN A BANDEIRA DE NOVA ZELANDA

TAREFA 2

Nova Zelanda caracterízase por ter unha grande biodiversidade, onde só o 5% son seres humanos (uns 4.000.000 de persoas), tendo ademais a metade do tamaño de España. Neste senso, existen 34 millóns de ovellas e 12 millóns de vacas. 

Así pois, como sabedes, as vacas tamén botan ao aire certas... flatulencias, comunmente chamadas "peidos". Pois ben, sabedes que están pensando en poñer un imposto polos peidos das vacas? O 50% da contaminación do país procede dos gases expulsados polas vacas. 


Que é o efecto invernadoiro?

Que é a capa de ozono e como se está destruíndo?

Como afectan os peidos das vacas á contaminación? 

Que medidas podemos tomar para reducir a contaminación?

O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DO TOTAL DE LITROS QUE EXPULSA DIARIAMENTE UNHA VACA AO MEDIO AMBIENTE

TAREFA 3

Verdadero o falso? 

El Lago Azul en el Parque Nacional de Nelson Lakes, tiene el agua más clara del mundo.

 El deporte nacional de Nueva Zelanda es el rugby. 

 La calle Baldwin, en Dunedin, es la calle más empinada del mundo.

 Edmund Hillary: el último hombre en subir y bajar del Everest, era neozelandés y aparece en los billetes de 5 dólares.


O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE RESPOSTAS VERDADEIRAS

TAREFA 4

Imaxina que agora mesmo te poñes de pé e fas un burato desde os teus pes, en liña recta, ata chegar ao outro lado do mundo, como se pinchas unha laranxa cun pau recto. Sabes onde aparecerías se fose posible? 


Buscade aquí onde apareceríades! 

Sabedes que somos uns dos poucos territorios que temos antípodas en terra firme? 



Fai unha carta para o teu "veciño das Antípodas" introducindo:

-Quen es ti
-Descrición física, de gustos e de personalidade
-Onde vives
-Descrición do teu cole
- Preguntas que che interesarían saber del ou dela (colexio, receitas, hábitos de vida, roupa...)

O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS DECENAS DO TOTAL DE LETRAS QUE TEN A CIDADE ONDE ESTÁN AS NOSAS ANTÍPODAS

TAREFA 5


Finalmente, é moi curioso o nome dos neozelandeses: Kiwis. Os seus habitantes chámanse así, pero sabedes por que?
Ata sae nas moedas! É o emblema do país... Mais, por que?



Un kiwi, o animal favorito dos neozelandeses, ten unha estrutura interna determinada... Mira este vídeo e repasemos.

Cales son os niveis de organización celular dun kiwi, por exemplo? Son os mesmos que os dun ser humano?

Son seres vivos? Por que o sabes? Que debe cumprir un ser vivo?

Fai un esquema dos niveis dos seres vivos.

O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DO TOTAL DE DÓLARES DA MOEDA NO QUE SAE O KIWI

Isto é todo!

Saúdos intertemporais,

Zukunft!

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)