26. Misión 5.América do Norte

Bo día exploradores!

Chegamos a América do Norte! Neste continente, a vosa misión será atopar a xema de éter. Para isto, percorreremos distintos países e illas, misións que nos levarán ata ela. 

Venres: EE.UU. no presente
Luns: EE.UU. no S. XVIII
Martes: Canadá no presente
Mércores: Canadá no século XI
Xoves: Hawaii (illa de EE.UU.)

Mentres tanto, disfrutaremos do continente en xeral!


1. Invesitiga sobre un accidente xeográfico de América do Norte, busca a flora e fauna da mesma e a súa localización. Despois, define a diferenza entre montaña, cordilleira, cume

2. A poboación de USA é de 328,2 millóns de persoas, mentres que a de Canadá é de 37,6 millóns.  Se o 16% da poboación son afroamericanos en USA, cantos millóns de persoas son afroamericanas? E se en Canadá son 7%?

3. Invesitga por que en USA e en Canadá se fala inglés e fai un vídeo explicándoo

4. Por que se chama América? A quen se lle debe o nome? Quen foron os primeiros en chegar ao continente? En que ano?

5. Busca 5 palabras que se refiran ao continente de América do Norte e crea unha historia na cal cheguen os extraterrestres á terra. Lembra que ten que ter unha introdución, un nó e un desenlace. 

Saúdos intermteporais,

Zukunft!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)