INFORMACIÓN IMPORTANTE: UBICACIÓN DOS BLOGUES

Boa tarde a todos!

Como ides? Coido que ben, como vos merecedes!

Fago esta entrada coa fin de informarvos respecto á actual situación dos blogues, posto que quero resaltar o emprego de cada un deles.

Actualmente, tedes acceso aos blogues da biblioteca e de 5º e 6º nas lapelas que se atopan la parte superior do blogue. Dende alí, directamente accederedes á información do colexio a maiores do traballo diario. A información do que aparece nese blog é replicada neste.


Traballo de 5º de EP

O traballo principal súbese a este blogue. Na lapela "As 7 xemas de Clío", a partir de agora aparecerán todas as entradas respecto ao que nos queda de curso. Tamén na de "Páxina principal".

Todas as tarefas téñense que enviar por correo para comprobar que se fan. 



Traballo de 6º de EP

Na lapela de "6º CC.NN." están subidas as entradas de traballo.



Calquera dúbida, enviádeme un correo electrónico.

Moitas grazas! Ánimo, que queda pouco.

Saúdos,

Sergio


Bitmoji Image

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)