32. Misión 6.1. Bahamas
Bo día, exploradores!
Hoxe estamos nas Bahamas, parte da América Insular.
TAREFA 1
O NÚMERO DESTA TAREFA É O NÚMERO DE CORES QUE TEN A BANDEIRA DE BAHAMAS
TAREFA 2
Bahamas é un conxunto de 700 illas nas cales só 24 están habitadas. Conta con paisaxes espectaculares:
Por isto, é un destino turístico ideal para os americanos, xa que está practicamente a 505 km, moi semellante á distancia existente entre Galicia e Madrid.
1) Sabendo que a distancia son 505 km, se se fai ese percorrido 6 veces ao día, cantos km se percorren ao día? E nunha semana? E ao ano?
2) Sabendo que polo Covid- 19 reduciuse un 50% a cantidade de pasaxeiros que van todos os días, e sabendo que normalmente son 250 pasaxeiros, cantas persoas viaxan ao día a Bahamas? E cada tres días?
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DA RESPOSTA Á PREGUNTA 1 EN RELACIÓN Á SEMANA
TAREFA 3
Bahamas é famoso tamén por ser o lugar onde desembarcou un personaxe histórico que proviña de Génova, pero que serviu á corte española durante o século XV... Foi un explorador moi coñecido, e concretamente celebramos o 12 de outubro de cada ano a súa chegada, entendida como o Día da Hispanidade. Sabedes o seu nome?
Concretamente o 12 de outbro dese ano chegou a Guanahani, hoxe en día coñecida como San Salvador. Alí foi onde desembarcou por primeira vez e comezou a chamada colonización. De feito, o verbo colonizar provén do seu nome!
Este feito marca a fin da Idade Media e o comezo da Idade Moderna!
1) Cales son as características básicas da Idade Moderna?
2) Que foi a Ilustración?
3) Que é o Humanismo?
4) Por que se lle chama a Era dos Descubrimentos?
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS CENTENAS DO ANO NO QUE CHEGOU ESTE EXPLORADOR A AMÉRICA
TAREFA 4
¿Verdadero o falso?
https://www.telesurtv.net/news/Claves-10-datos-que-quizas-no-sabias-sobre-Bahamas-20150225-0003.html
1“Bahamas” viene de la palabra española “bajamar”.
2) No tiene ni ejército ni ríos
3) Durante el siglo XVIII este país fue refugio de piratas siendo el más célebre el terrible Barba Verde
4) Es un destino típico de famosos y millonarios
Entre sus tradiciones musicales se encuentra el baile de Junkanoo, un desfile de carnaval que se hace al ritmo de tambores, campanas y silbatos. También el calypso y el rastrillo o raspado, forman parte de los ritmos musicales conocidos de esta nación.
O NÚMERO DESTA TAREFA É O NÚMERO TOTAL DE RESPOSTAS FALSAS
TAREFA 5
En Bahamas existe unha illa un tanto peculiar... sabedes por que?
Estades de acordo en que haxa porcos, cabras e gatos nas augas de Bahamas?
Reflexionade sobre os puntos positivos e negativos de ter porcos nas praias, tal e como se ve no vídeo e acabades de leer no artigo de National Geographic
O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS DECENAS DO TOTAL DE PORCOS QUE HAI QUE EN CAYO BIG MANOR SEGUNDO ESTE ARTIGO DE NATIONAL GEOGRAPHIC
Isto é todo!
Saúdos intertemporais,
O capitán Zukunft
na pregunta 1, da tarefa 2, apartado do ano, é de 365 ou de 366 días, Capitán Zukunft?
ResponderEliminarcreo que 365
Eliminar