35. A derradeira misión 7. A Antártida

Bos e conxelados días, exploradores!

Chegamos hoxe á Antártida, un lugar sen dúbida inhóspito e cheo de xeo!

Qué ocurre cuando se derrite el hielo de la Antártida

TAREFA 1

Para chegar á Antártida, as mellores maneiras son Chile e Arxentina, chegando directamente en barco ata as illas Rey Jorge.

O custo dun barco ata a Antártida pode andar desde os 2100 euros (barco A) ata os 12000 (Barco B) euros. 

1) No primeiro barco A van 18 turistas. A metade colleu unha oferta do 50%. Cantos cartos recibe a empresa? 

2) No segundo barco B van 8 turistas, dos cales 3/4 pagan todo mentres que o resto  pagou a metade. Canto recibiu?

O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE DECENAS DA RESPOSTA 1

TAREFA 2

 

Sabedes cal é o deserto máis grande do mundo? O Sahara, o de Atacama, o do Gobi... ou hai algún máis grande? 

Que é un deserto?

Fai unha listaxe dos 5 desertos máis grandes do mundo e pon os km cadrados, o país, as especies de seres vivos. 


O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DE MILLÓN DOS KM CADRADOS DA ANTÁRTIDA


TAREFA 3 

Os seres vivos da Antártida son variados, pero tampouco é a zona máis poboada deles... Por que? Non é doado sobrevivir a -80º e só os máis preparados os conseguen. 




Fai un esquema dos animais que aparecen no artigo. Escolle un e debúxao. 


O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE ANIMAIS QUE SAEN NO ARTIGO DE "EXPERTO ANIMAL"

TAREFA 4

Hoxe en día o retroceso dos glaciares é un dos maiores males que temos na nosa sociedade. O cambio climático está afectando ás augas conxeladas desta rexión, experimentando por iso unha redución enorme.


Fai unha poesía sobre a Antártida e a rápida perda que ten de xeo

O NÚMERO DESTA TAREFA É O NÚMERO DE VECES QUE SE DERRITE MÁIS RÁPIDO A ANTARTIDA

TAREFA 5 

Malpicáns polo mundo!




O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE LETRAS QUE TEN O PAÍS ONDE SE ATOPA A CAPITAL DA ANTÁRTIDA

Isto é todo!

Saúdos intertemporais,

O capitán Zukunft

Comentarios

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)