Problemas coa nave

Bo día, exploradores!

Lamentablemente, tivemos problemas para arrancar e comezar a nosa nova aventura en América do Sur. A nave avariouse e estamos tratando de solucionar tal problema.

Mentres tanto, tedes 3 tarefas que facer:

1) Busca unha noticia sobre algunha nave espacial ou robot espacial que se avariara e resúmea. Indica a fonte e o titular. Así nos inspiraremos para resolvelo.

2) Entra na páxina web dalgún supermercado e fai unha listaxe da compra para dous días de viaxe (almorzo, comida, cea) sabendo que tes 60 euros. Escribe todos os produtos cos seus prezos (non vale mercar 60 euros de gominolas nin de chocolate, que vos coñezo). Intentade que haxa moi poucos produtos ultraprocesados.

https://www.google.com/amp/s/www.educapeques.com/alimentacion-infantil/alimentos-ultraprocesados.html/amp


3) Investiga cales deses alimentos veñen de América do Sur. Tedes que introducir na vosa listaxe 4 alimentos dese subcontinente.

Saúdos intertemporais,

O capitán Zukunft


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)