Moi boas, rapazada!! Como ides? Espero que perfectamente e tranquiliños na casa!! Bueno, sen présa pero sen pausa coas activdades do cole, eh? ;) Antes de nada quixera dicirvos que non recibín case ningún correo voso ao meu correo... 😢 Encantaríame saber como estades levando este confinamento, como ides coas tarefas, se tedes dúbidas, se queredes que vos explique algunha cousiña en concreto, como pasades o voso tempo libre... Contádeme, que eu nestes días contareivos como o estou pasando eu dende a casiña 👍 Así que, para que nos poñamos en contacto, gustaríame que me enviárades un correo ao meu enderezo: tutoriasergiosm@gmail.com Tédesme que enviar un vídeo de presentación de entre 15 e 20 segundos nos cales me contedes o seguinte: 1) Presentación 2) Como estades, en que empregades o tempo, se lle vedes algo positivo a estar na casiña... 3)Despedida Agora si, a continuación vos deixo todo o que temos para esta semana. Veredes que poño unha tarefa para cada asignatura. Te
Comentarios
Publicar un comentario