Canso/a de saír cos ollos vermellos nas fotografías?


Algunha vez experimentaches una sensación estraña ao sacar unha foto con flash, estar disposto a ver o guapos ou guapas que saídes nela e… ¡ZAS! Ollos vermellos!
Extraída de Ciencia Today

Se cando vedes a foto estades xa pensando en usar unha aplicación do móbil para retocar, agardade un intre e pensade que a ciencia para todo (ou case todo) ten unha resposta.

Como sabedes, a nosa pupila (o circuliño negro situado no centro do noso ollo) cambia de tamaño en función da luz do exterior: polo día, adoita a estar moi pequeniña para deixar que entren os raios de luz necesarios; pola noite, tende a estar máis dilatada para captar a maior cantidade de raios de luz.


Pois ben, ese “vermello” que vedes, case sempre despois dunha foto a escuras e con flash, é a luz reflexada nos nosos vasos sanguíneos. COMO? Si, o vermello provén dos diferentes vasos sanguíneos que temos no fondo do ollo.


Cando estamos a escuras, a nosa pupila atópase dilatada. Ás veces, ao realizar a fotografía con flash, o noso ollo non ten tempo a contraerse rapidamente para filtrar esa cantidade de luz e reaccionar. Polo tanto, hai un aporte extremo de luz no noso ollo; toda esa luz pasará ao fondo do ollo, onde se atopa un grande número de vasos sanguíneos nos que se reflexará e dará lugar ao efecto de “ollos vermellos”. Alucinante, ¿non si?

Para  previr isto, moitas cámaras teñen unha pequena luz que se emite cando enfocamos, xusto antes de saltar o flash. Deste xeito, o teu ollo prepárase para recibir unha cantidade superior de luz e así non se produce o efecto dos ollos vermellos.

Aínda así, se seguides co interese en retocar, non serei eu quen volo impida: Photoshop, Picassa ou Giphy (estas dúas últimas gratuítas) serviranvos para quitar esas imperfeccións. 

Saúdos!



Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)