Canso/a de saír cos ollos vermellos nas fotografías?
Algunha vez
experimentaches una sensación estraña ao sacar unha foto con flash, estar
disposto a ver o guapos ou guapas que saídes nela e… ¡ZAS! Ollos vermellos!
Se cando vedes a
foto estades xa pensando en usar unha aplicación do móbil para retocar, agardade
un intre e pensade que a ciencia para todo (ou case todo) ten unha resposta.
Como sabedes, a
nosa pupila (o circuliño negro situado no centro do noso ollo) cambia de tamaño en función da luz
do exterior: polo día, adoita a estar moi pequeniña para deixar que entren os
raios de luz necesarios; pola noite, tende a estar máis dilatada para captar a
maior cantidade de raios de luz.
Pois ben, ese “vermello”
que vedes, case sempre despois dunha foto a escuras e con flash, é a
luz reflexada nos nosos vasos sanguíneos. COMO? Si, o vermello provén dos
diferentes vasos sanguíneos que temos no fondo do ollo.
Cando estamos a escuras,
a nosa pupila atópase dilatada. Ás veces, ao realizar a fotografía con flash, o
noso ollo non ten tempo a contraerse rapidamente para filtrar esa cantidade de
luz e reaccionar. Polo tanto, hai un aporte extremo de luz no noso ollo; toda
esa luz pasará ao fondo do ollo, onde se atopa un grande número de vasos
sanguíneos nos que se reflexará e dará lugar ao efecto de “ollos vermellos”.
Alucinante, ¿non si?
Para previr isto, moitas cámaras teñen unha pequena
luz que se emite cando enfocamos, xusto antes de saltar o flash. Deste xeito, o
teu ollo prepárase para recibir unha cantidade superior de luz e así non se produce
o efecto dos ollos vermellos.
Aínda así, se
seguides co interese en retocar, non serei eu quen volo impida: Photoshop, Picassa ou Giphy (estas dúas
últimas gratuítas) serviranvos para quitar esas imperfeccións.
Saúdos!
Muy interesante
ResponderEliminarLo mismo digo
EliminarMuchass Graciassss:-)
ResponderEliminar