4. Misión 1...Europa


Bo día, exploradores
Agora si que chegou o día. Hoxe comezamos a nosa primeira misión no Vello Continente, na vosa actualidade o chamado Europa. Teremos que pasar por tres países: Italia, Grecia e Alemania. O noso obxectivo é conseguir a xema de fogo, a primeira xema das 7 de Clío.

O planning da misión é o seguinte:
Luns: Viaxe a Grecia no ano 2020
Martes: Viaxe a Grecia de Atenas no século V a.C.
Mércores: Viaxe a Italia no ano 2020
Xoves: VIaxe a Italia do Imperio Romano no século II d.C.
Venres: Alemania na actualidade e no século XV

Cando cheguedes a cada país no presente, teredes que atopar o portal que vos levará ao pasado dese país. Teredes que chegar ás ruínas secretas, onde vos esperarei para viaxar ao pasado. Chegade ata min e poderemos viaxar conxuntamente. Cumplide todas as tarefas e non haberá problema.

Cada día teredes que realizar 5 tarefas para poder chegar ás ruínas. Despois de cada unha desas tarefas, obteredes un número que teredes que gardar. En total, obteredes 5 números.

Ao final da semana, teredes que facer unha suma de 5 números de 5 cifras cada unha. O resultado teredes que metelo no seguinte enlace-cofre e obteredes, se é correcto, a xema de fogo.








Sen máis, cada día vos subirei a misión a realizar ao blog. Estade atentos. Confío en vós.

E despídome co noso lema… TEMPUS FUGIT!

Un saúdo intertemporal,

 O capitán Zukunft



Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)