4. Misión 1...Europa
Bo día, exploradores
Agora si que
chegou o día. Hoxe comezamos a nosa primeira misión no Vello Continente, na vosa
actualidade o chamado Europa. Teremos que pasar por tres países: Italia, Grecia
e Alemania. O noso obxectivo é conseguir a xema de fogo, a primeira xema das 7
de Clío.
O planning
da misión é o seguinte:
Luns: Viaxe a
Grecia no ano 2020
Martes: Viaxe a
Grecia de Atenas no século V a.C.
Mércores: Viaxe
a Italia no ano 2020
Xoves: VIaxe a
Italia do Imperio Romano no século II d.C.
Venres: Alemania
na actualidade e no século XV
Cando cheguedes
a cada país no presente, teredes que atopar o portal que vos levará ao pasado
dese país. Teredes que chegar ás ruínas secretas, onde vos esperarei para
viaxar ao pasado. Chegade ata min e poderemos viaxar conxuntamente. Cumplide
todas as tarefas e non haberá problema.
Cada día teredes
que realizar 5 tarefas para poder chegar ás ruínas. Despois de cada unha desas
tarefas, obteredes un número que teredes que gardar. En total, obteredes 5
números.
Ao final da
semana, teredes que facer unha suma de 5 números de 5 cifras cada unha. O
resultado teredes que metelo no seguinte enlace-cofre e obteredes, se é
correcto, a xema de fogo.
Sen máis, cada día vos subirei a misión a realizar ao blog. Estade
atentos. Confío en vós.
E despídome co noso lema… TEMPUS FUGIT!
Un saúdo intertemporal,
O capitán Zukunft
Sergio donde se buscan os números de cada ruina.
ResponderEliminarQue non entiendo moi ben.