9. Misión 1.5 ÚLTIMO PASO: Descifrar o código no castelo de Eltz

Bo día, exploradores!

Descubrín nun mapa antiguo parte das combinacións segredas, así como cheguei ao portal que nos permite descifrar e conseguir a xema!


Número do luns: _21_3

Número do martes: 5_02_

Número do mércores: 1_ 2 4 

Número do xoves: 4 _ 3 0 4


Collemos a última das nosas misións na Alemaña actual. Como xa fichedes o Malpicáns polo mundo, iremos directamente a través da coñecida Selva Negra. Supoño que coñecederes a tarta selva negra, típica dos aniversarios... Descubre a súa orixe!



Pois aquí tedes a súa orixe! Na plena Selva Negra alemana. Descubrídea!


Acabamos de adentrarnos na Selva Negra alemana, unha rexión de bosques frondosos e castelos que agochan moitos misterios...

Para comezar, coñecedes o castelo famoso de Walt Disney? Sabedes en cales se inspirou? Un deles é...

http://www.voydeviaje.com.ar/mundo/conoce-el-castillo-que-inspiro-disney


Así, facemos unha ruta polos castelos medievais! Lembrade que a Idade Media comezaba no 476 d.C. coa caída do Imperio Romano de Occidente e remataba no 1453 coa caída da outra metade do Imperio Romano (o de Oriente) ou ben en  1492 coa chegada de Colón a América.





Neste último castelo...  no de Eltz... está agochada a xema! 



Como tarefas, tedes 2: 

1) Inventar un conto medieval ambientado nalgún dos castelos que acabades de descubrir. Ten que ter unha extensión de entre 7 e 15 liñas da vosa libreta. 

2) Descubrir un invento revolucionario alemán: a imprenta de...


Quen inventou a imprenta en Europa? En que século?  Inventouna toda el ou empregou o que se descubrira noutras culturas?

Que supuxo a imprenta para a sociedade?

Busca cales son os tres libros que se imprimiron máis veces na historia



REMATAMOS A NOSA PRIMEIRA MISIÓN POLO CONTINENTE EUROPEO

Entra nesta ligazón para introducir o código necesario para atopar a xema de fogo! Lembra que o código para obter a xema é a suma dos códigos de luns, martes, mércores e xoves.

FAI CLICK AQUÍ E INTRODUCE A SUMA



Agárdovos en novas aventuras... noutro continente! Recibiredes información nos próximos días.
Saúdos intertemporais,

O Capitán Zukunft


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Criterios de divisibilidad

Juegos de suma y resta de fracciones

Esquemas de sujeto, predicado y complementos (Sintaxis)