9. Misión 1.5 ÚLTIMO PASO: Descifrar o código no castelo de Eltz
Bo día, exploradores!
Descubrín nun mapa antiguo parte das combinacións segredas, así como cheguei ao portal que nos permite descifrar e conseguir a xema!
Número do luns: _21_3
Número do martes: 5_02_
Número do mércores: 1_ 2 4
Número do xoves: 4 _ 3 0 4
Collemos a última das nosas misións na Alemaña actual. Como xa fichedes o Malpicáns polo mundo, iremos directamente a través da coñecida Selva Negra. Supoño que coñecederes a tarta selva negra, típica dos aniversarios... Descubre a súa orixe!
Pois aquí tedes a súa orixe! Na plena Selva Negra alemana. Descubrídea!
Acabamos de adentrarnos na Selva Negra alemana, unha rexión de bosques frondosos e castelos que agochan moitos misterios...
Para comezar, coñecedes o castelo famoso de Walt Disney? Sabedes en cales se inspirou? Un deles é...
http://www.voydeviaje.com.ar/mundo/conoce-el-castillo-que-inspiro-disney
Así, facemos unha ruta polos castelos medievais! Lembrade que a Idade Media comezaba no 476 d.C. coa caída do Imperio Romano de Occidente e remataba no 1453 coa caída da outra metade do Imperio Romano (o de Oriente) ou ben en 1492 coa chegada de Colón a América.
Neste último castelo... no de Eltz... está agochada a xema!

Como tarefas, tedes 2:
1) Inventar un conto medieval ambientado nalgún dos castelos que acabades de descubrir. Ten que ter unha extensión de entre 7 e 15 liñas da vosa libreta.
2) Descubrir un invento revolucionario alemán: a imprenta de...
Quen inventou a imprenta en Europa? En que século? Inventouna toda el ou empregou o que se descubrira noutras culturas?
Que supuxo a imprenta para a sociedade?
Busca cales son os tres libros que se imprimiron máis veces na historia
REMATAMOS A NOSA PRIMEIRA MISIÓN POLO CONTINENTE EUROPEO
Entra nesta ligazón para introducir o código necesario para atopar a xema de fogo! Lembra que o código para obter a xema é a suma dos códigos de luns, martes, mércores e xoves.
FAI CLICK AQUÍ E INTRODUCE A SUMA
Agárdovos en novas aventuras... noutro continente! Recibiredes información nos próximos días.
Saúdos intertemporais,
O Capitán Zukunft
Amin non me da o código. E non sei cal e.
ResponderEliminarA min tampouco, eu puxenos pero dime que non é.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarales son os números de hoxe?
ResponderEliminarcales*
EliminarA xa non me deixa entrar na paxina dos códigos entonces non sei cal e
ResponderEliminarSergio a min non me vai o codigo.
ResponderEliminarSoraya.