Entradas

34. Misión 6.3. Perú no século XVI

Imagen
Bo día, exploradores! Hoxe estamos cos incas no seculo XVI, siglo no que se extinguiu esta poboación.  TAREFA 1 Fai un resumo dos puntos principais do vídeo O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE LETRAS QUE TEN O NOME DO MÁXIMO GOBERNADOR DO IMPERIO TAREFA 2 No imperio inca había un total de 12 millóns de habitantes. Coa conquista dos españois, moitos deles foron axustizados e pouco a pouco foron a menos.  1) Se o 25% son morenos e o 20% son castaños, cantos morenos hai?  E cantos castaños? Cantos non son nin morenos nin castaños? 2) Deses 12 millóns, o 90% traballan na agricultura. Cantos traballan na agricultura?  O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS DECENAS DA RESPOSTA 2 TAREFA 3 A arte dos incas baseábase na arquitectura, na escultura...  https://historiaperuana.pe/periodo-autoctono/arte-imperio-inca/ Busca 10 verbos, 6 adxectivos, 4 pronomes, 3 demostrativos, 5 posesivos, 10 artigos e 2 indefinidos O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE LETRAS QUE TEN O NOME  TAREFA 4...

33. Misión 6.2. Perú na actualidade

Imagen
Bo día, exploradores! Hoxe chegamos a Perú, un país con moito encanto no cal descubriremos un montón de curiosidades! TAREFA 1 O NÚMERO DESTA TAREFA É A CANTIDADE DE LETRAS QUE TEN A SÚA CAPITAL TAREFA 2 Perú é o nome dun país de Suramérica que se atopa na costa pacífica, xusto por debaixo do Ecuador. Mais, sabes de onde vén o seu nome? A lingua quechua (como a roupa de montaña de Decathlon) refírese a este país como "abundancia".  Busca a orixe dos seguintes nomes de países e cidades -España -Galicia -Madrid -Córdoba -Cartagena O NÚMERO DESTA TAREFA É O TOTAL DE LETRAS QUE TEN O NOME ORIXINAL DE ESPAÑA TAREFA 3 Perú caracterízase por ter unha grande biodiversidade, sendo un país que contén máis de 80 microclimas.  ¿Qué peces se pueden encontrar en el océano de Perú? ¿Hay pingüinos en Perú? ¿Qué se cultiva en los campos de Perú? ¿Qué es el pisco? O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DO ANO NO QUE FOI DESCUBERTO O MACHU PICHU TAREFA 4 ¿Verdadero o falso? https://encuriosidade...

32. Misión 6.1. Bahamas

Imagen
Bo día, exploradores! Hoxe estamos nas Bahamas, parte da América Insular.  TAREFA 1 O NÚMERO DESTA TAREFA É O NÚMERO DE CORES QUE TEN A BANDEIRA DE BAHAMAS TAREFA 2 Bahamas é un conxunto de 700 illas nas cales só 24 están habitadas. Conta con paisaxes espectaculares: Por isto, é un destino turístico ideal para os americanos, xa que está practicamente a 505 km, moi semellante á distancia existente entre Galicia e Madrid. 1) Sabendo que a distancia son 505 km, se se fai ese percorrido 6 veces ao día, cantos km se percorren ao día? E nunha semana? E ao ano? 2) Sabendo que  polo Covid- 19 reduciuse un 50% a cantidade de pasaxeiros que van todos os días, e sabendo que normalmente son 250 pasaxeiros, cantas persoas viaxan ao día a Bahamas? E cada tres días? O NÚMERO DESTA TAREFA SON AS UNIDADES DA RESPOSTA Á PREGUNTA 1 EN RELACIÓN Á SEMANA TAREFA 3 Bahamas é famoso tamén por ser o lugar onde desembarcou un personaxe histórico que proviña de Génova, pero que serviu á corte española d...

Problemas coa nave

Bo día, exploradores! Lamentablemente, tivemos problemas para arrancar e comezar a nosa nova aventura en América do Sur. A nave avariouse e estamos tratando de solucionar tal problema. Mentres tanto, tedes 3 tarefas que facer: 1) Busca unha noticia sobre algunha nave espacial ou robot espacial que se avariara e resúmea. Indica a fonte e o titular. Así nos inspiraremos para resolvelo. 2) Entra na páxina web dalgún supermercado e fai unha listaxe da compra para dous días de viaxe (almorzo, comida, cea) sabendo que tes 60 euros. Escribe todos os produtos cos seus prezos (non vale mercar 60 euros de gominolas nin de chocolate, que vos coñezo). Intentade que haxa moi poucos produtos ultraprocesados. https://www.google.com/amp/s/www.educapeques.com/alimentacion-infantil/alimentos-ultraprocesados.html/amp 3) Investiga cales deses alimentos veñen de América do Sur. Tedes que introducir na vosa listaxe 4 alimentos dese subcontinente. Saúdos intertemporais, O capitán Zukunft

TAREFAS DE SEXTO TEMA 3

Imagen
Bo día! Para o tema 3, teredes que facer un esquema visual dun reino do tema, do que prefirades.  A maiores, un crucigrama sobre o tema.  Finalmente, un experimento no cal empreguedes auga, pementa e xabrón de mans.  1) Bota auga nun prato hondo 2) Bota un pouco de pementa en pó por riba (representa o que sería o virus) 3) Mete un dedo na auga: que acontece? 4) Agora mete o dedo en xabrón e logo na auga: que acontece?  Describe a experiencia e o que descubriches Saúdos, Sergio

A xema do crisol

Imagen
Bo día exploradores! Tras conseguir resolver 4 xemas, toca atopar a quinta! Desde a pirámide de Chichen Itza de México, atoparedes a xema do crisol! https://eduescaperoom.com/enigma/GH6OIdEJPbi0 Saúdos intertemporais! O capitán Zukunft

A xema de éter

Imagen
Bo día exploradores! Chegáchedes a completar a xema de Oceanía, e desde o máis profundo do Atolón de Bikini, acabades de adentrarvos na xema de éter, outra das máis importantes das 7 de Clío! https://eduescaperoom.com/enigma/T67YQrzkiKWr Saúdos intertemporais! O capitán Zukunft